Entre os anos 2006 e 2020, os servizos de emerxencias sanitarias atenderon en Galicia 100 episodios de afogamento de nenos e mozos en idade pediátrica, de entre 0 e 14 anos, dos que practicamente a metade correspondían a menores de catro anos. Un 46% destes incidentes non tiveron lugar en praias ou ríos, senón en instalacións acuáticas como piscinas particulares e no 55% dos casos tiveron como principal causa a falta de supervisión, segundo un estudo realizado polo grupo Remoss.
23/06/2022