En agosto de 2021, un día despois da caída de Afganistán en mans do réxime talibán, a astrónoma e enxeñeira Amena Karimyan recibiu, na súa casa en Herat, un correo electrónico e unha chamada da catedrática da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel.
Catro estudantes e catro docentes serán os beneficiarios das bolsas de mobilidade financiadas polo programa de mobilidade internacional KA171-HED- Mobility of higher education students and staff supported by external policy funds.
Coa chegada da primavera regresa tamén unha nova edición do programa de actividades no medio acuático, Augaventura. Esta proposta da Área de Benestar, Saúde e Deporte está aberta tanto á comunidade universitaria como á colectivos vencellados con prezos que varían segundo o colectivo.
Balonmán masculino, fútbol 11 masculino e feminino e rugby masculino son as catro modalidades deportivas nas que os equipos da UVigo se alzaron coa vitoria na XXV edición dos Campionatos galegos de deportes colectivos, celebrados en Lugo.
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo abre o prazo para participar na segunda edición do Premio de investigación xurídica en lingua galega Xosé Luis Franco.
Os docentes da Área de Dereito Financeiro e Tributario organizaron para este mes un novo curso no que as persoas asistentes terán a oportunidade de pórse ao día dos diferentes instrumentos normativos cos que conta a Administración Tributaria ante o reto dos novos modelos de negocio.
O curso de Advanced Trading celebrará entre mediados de febreiro e mediados de marzo a súa sexta edición. Esta formación ten como obxectivo ofrecer ao alumnado a oportunidade de ampliar coñecementos sobre o investimento bolsista mediante a aplicación das novas tecnoloxías ás transaccións nos mercados financeiros.
Un ciclo de lingua e calidade e outro sobre xestión do multilingüismo nas aulas. Estas son as grandes novidades da oferta formativa da Área de Normalización Lingüística para o segundo cuadrimestre, un abano de posibilidades que inclúe sete cursos formativos en lingua galega.
“É un curso único, debido a que nel participan profesores de diferentes países, o que permite ofrecer unha visión do Dereito Comparado na materia de Dereito do Traballo e da Seguridade Social".
Desde este xoves todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar os seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos.
Ata finais desta semana (22 xaneiro), nuns casos, e ata mediados da seguinte (26 de xaneiro), noutros, permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos, que para o segundo cuadrimestre oferta o Centro de Linguas da UVigo.
Entre o 31 de xaneiro e o 28 de abril desenvolveranse os oito cursos do programa gratuíto de formación e-Destrezas que a Vicerreitoría de Extensión Universitaria oferta para o segundo cuadrimestre do curso 2022-2023 co obxectivo de desenvolver e mellorar as competencias dixitais do estudantado, PAS e PDI da UVigo.