Ao alumnado universitario presupónselle certo nivel de coñecemento e aceptación da teoría evolutiva. Pero un estudo nacional, coordinado polo profesor da UVigo Emilio Rolán, acaba de constatar que non sempre é así. Tras avaliar estudantes de terceiro curso dos graos de Bioloxía, Química, Historia e Filoloxía Inglesa de dez universidades españolas, os expertos sosteñen que, mentres o nivel de aceptación é alto, “o nivel de coñecemento é moi baixo”.
22/09/2020