O acceso do alumnado con discapacidade a estudos superiores en igualdade de condicións segue a ser un reto. Pero se a unha discapacidade se lle suma o estudar nun país estranxeiro, nunha lingua diferente e nunha cultura allea, o reto multiplícase. É o caso de Tarek Blkraiet, alumno da UVigo que acaba de ser seleccionado pola Fundación ONCE como receptor dunha das 104 bolsas da convocatoria Oportunidad al talento.
18/12/2019