O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM, participa esta semana no programa de actividades organizadas pola Secretaría Xeral de Pesca coa colaboración de distintos organismos con motivo das xornadas de porta abertas do buque Intermares, que, tras ser sometido a un fondo proceso de renovación, se reestrea como barco de formación e cooperación pesqueira.
05/11/2018