Gamificación, aprendizaxe baseado en proxectos, Design Thinking, clases invertidas... son moitas as novas metodoloxías docentes que están a mudar o proceso do ensino na procura de mellores resultados académicos. A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación leva anos aplicando algunhas desas fórmulas innovadores co seu alumnado, pero o próximo curso catro materias uniranse baixo o paraugas dun proxecto de innovación educativa na procura de xerar unha docencia que permita que o alumnado traballe “con sistemas máis reais, máis próximos ao que van atoparse despois na práctica profesional na empresa”.
26/07/2022