O venres, 22 de marzo, celébrase o Día Mundial da Auga. Cada curso académico, en datas próximas a ese día, o campus de Ourense abre as súas portas ás futuras xeracións de universitarias e universitarios para que coñezan de primeira man a vida académica e investigadora que ten.
O campus de Ourense acolleu o pasado venres a celebración da primeira xuntanza entre responsables dos tres campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia (SUG) acreditados pola Xunta de Galicia.
A Cátedra Aldaba-WIB (Women, ICT & Business) das universidades de Vigo e A Coruña e a empresa tecnolóxica Aldaba fixo público este luns os datos do seu Barómetro da Fenda de Xénero nos Estudos TIC.
A I Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo colaborará coas fundacións Vicente Risco e Otero Pedrayo para dar a coñecer os tres escritores e pensadores nas súa respectivas culturas, no ámbito galego e lusófono.
O terceiro número, o correspondente a 2024, de Ágora. Revista Universitaria de Cultura, xa está dispoñible. Nela participan egresados e alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá do 18 ao 20 de marzo a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. A cita terá lugar coincidindo coa conmemoración o 19 de marzo do Día Mundial do Traballo Social.
Alumnado da Facultade de Dereito do campus de Ourense visitou este luns a Deputación de Ourense para coñecer o funcionamento interno, desde o punto de vista técnico, da institución provincial. Na súa visita foron recibidos por Marta Nóvoa, vicepresidenta primeira.
O Consello de Campus de Ourense celebrou este venres unha sesión ordinaria que, presidida por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, tivo como protagonista principal o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense.
Desde este xoves pola tarde, a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle nos seus muros unha nova proposta creativa. Trátase da exposición sóloEDADES, do artista Fernando Barreira.
Co gallo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense inaugurou este xoves a exposición Flora, ou a educación dunha nena na sociedade tradicional.
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social.
A terceira e última edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo xa está en marcha. A cita é cada venres, desde o pasado 23 de febreiro e ata o 3 de maio.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense súmase á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa posta en marcha dun concurso fotográfico. A súa temática, indican desde o centro, é A muller de hoxe.
A Escola Infantil Concepción Saiz Otero do campus de Ourense ten aberto o prazo para solicitar unha das súas 41 prazas para o curso 2024/2025. O centro forma parte do programa de gratuidade no primeiro ciclo de educación infantil da Xunta de Galicia.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este mércores unha nova sesión da súa aula aberta, titulada Aprendemos a xogar con Brazolinda.