A Universidade de Vigo colouse en 2018 no top das 200 universidades máis populares do mundo en YouTube, a principal plataforma para a difusión de vídeos virais. Con algo máis de 16.000 subscritores na súa canle e 5,5 millóns de visualizacións, a institución académica viguesa ocupa o posto 133 do 2018 Youtube University Ranking, elaborado pola plataforma internacional UniRank, na que se agrupan máis de 13.000 universidades de todo o mundo, en base ao número de subscritores e ao número de vídeos vistos na canle de cada unha das universidades.
05/02/2019