Desde o pasado ano, o vestíbulo da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación está presidido por unha intervención artística, Luz fractal, xurdida do concurso que esta escola impulsou xunto coa Facultade de Belas Artes. O positivo desta primeira experiencia motivou que, neste 2019, o centro do campus vigués decidise impulsar un segundo concurso.
25/11/2019