Vigo foi, hai apenas uns meses, a primeira universidade europea en asinar un acordo de colaboración con Conif, a principal rede educativa, científica e tecnolóxica de institutos federais do Brasil e na que estudan arredor dun millón de alumnas e alumnos procedentes de todo o país. A relación iniciárase xa no ano 2014 e, dende entón, as xuntanzas de traballo a un e outro lado do Atlántico foron frecuentes. O último destes encontros tivo lugar este mesmo xoves na antiga reitoría da rúa Oporto e nel o reitor en funcións, Salustiano Mato, tivo a oportunidade de seguir ampliando os acordos de colaboración.
24/05/2018