Fotografías, pezas escultóricas, obras pictóricas, publicacións e catálogos reunidos nunha estrutura móbil que fai posible o cambio de emprazamento e de contidos. Esa é a base do “museo portátil” que as profesoras das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Belas Artes Begoña Paz, Itziar Ezquieta e María Covadonga Barreiro deseñaron, en colaboración coa asociación Paspallás, para o XXII Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
06/05/2021