O segundo cuadrimestre trae varias novidades na oferta de cursos do Centro de Linguas. En total, o catálogo de docencia comprende oito idiomas: inglés, alemán, portugués, francés, persa, chinés, xaponés e español para estranxeiros. As principais novidades deste catálogo son a recuperación tras varios anos do curso de iniciación ao xaponés, a inclusión dun obradoiro de cociña chinesa, un curso de alemán para os negocios e novos niveis de inglés.
08/01/2020