Entre os días 11 ao 14 de febreiro a Universidade de Vigo presentará na terceira edición de Forum Orienta a súa oferta académica e de extensión, incidindo nas singularidades que posúe dentro do Sistema Universitario de Galicia.
Durante os catro días que dura Forum Orienta09, calcúlase que unhas 13.000 persoas entre estudantes, profesorado, orientadores, pais e nais, visiten os máis de 11.000 metros cadrados que esta iniciativa organizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ocupará no recinto de EXPOCoruña. Dentro da mostra da oferta formativa do ensino superior que actualmente existe en Galicia, a Universidade de Vigo, disporá de unha superficie de 300 metros cadrados.
09/02/2009