A confirmación de que a temperatura media en Galicia aumentou 0,18º por década nos últimos 45 anos; a de que o nivel do mar no porto de Vigo incrementouse en 15 centímetros desde 1943 ou a de que as emisións de CO2 derivadas do transporte aumentaron na comunidade un 104% no período 1990-2006, evidencian a necesidade dunha adecuada xestión do desenvolvemento sostible, entendido como unha intersección de desenvolvemento económico, cohesión social e medio ambiente. Nunha intervención titulada Cara a un deseño intelixente da Galicia do século XXI, coa que se inaugurou o Máster en Xestión de Desenvolvemento Sostible, o director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández, analizou os factores críticos e os criterios para un deseño intelixente que permitan frear o enorme impacto que sobre o medio natural producen o consumo enerxético, o exponencial crecemento da poboación e o masivo consumo de enerxía por habitante.
10/10/2008