Un terzo de docencia en galego, castelán e inglés en todas as carreiras. Esta é a aspiración que o director da Área de Normalización Lingüística, Xosé Henrique Costas, agarda se materialice nun futuro a través do Programa de promoción do plurilingüismo na docencia que un ano máis ven de convocar a Vicerreitoría de Relacións Institucionais.
O aumento da docencia en lingua galega e estranxeiras, prioritariamente inglés, portugués, francés e alemán, é o obxectivo do programa que en tres anos, segundo confirma Costas “traduciuse en que uns 30 profesores que daban clase en inglés pasaron a dar clase en galego, outros 30 que daban clase en español, pasaron ao inglés e unha profesora pasou do español ao francés”.
13/05/2008