As cidades do futuro foron imaxinadas por moitos con edificios intelixentes, transportes voadores, comunicacións avanzadas, etc. Toda unha tecnoloxía ao servizo do benestar e da cidadanía que comeza a asomar pouco a pouco na vida diaria, con paradas de autobuses informatizadas, tarxetas polivalentes, detectores de códigos... Estes avances son posibles grazas ao traballo desenvolvido por investigadores e enxeñeiros, chamados agora a presentar as súas ideas máis innovadoras en Finlandia co gallo do 1st International Open Ubiquitous City Challenge, UBI Challenge, concurso no que Vigo xa se fixo un oco. O profesor e coordinador do proxecto, Felipe Gil, explica que baixo o nome de RunWithUs, dende Vigo presentouse un servizo creado para motivar á cidadanía na práctica deportiva.
16/06/2011