Os ríos Deva, Tuño, Fragoso e Cadós, no suroeste da provincia de Ourense, foron o laboratorio de Amadou Babacar Sarr para preparar a súa tese de doutoramento. A través do seu estudo, e en concreto da análise dos coleópteros acuáticos, o investigador puido concluír que as minicentrais hidroeléctricas provocan un impacto negativo sobre a fauna acuática dos ríos. O seu traballo conclúe que estas infraestruturas xeran a desaparición de algúns microhábitats nos ríos galegos e, pola contra, provocan a aparición de outros que son colonizados por especies máis tolerantes aos cambios e máis adaptadas aos novos medios. Segundo explica o investigador senegalés, “a modificación das correntes de auga pola construción de presas e embalses provoca cambios nas características ecolóxicas” e esta é unha das alteracións máis estendidas nos ecosistemas fluviais.
13/03/2012