Propúxoo hai sete anos Jorge Hirch, profesor da Universidade de California, para unificar criterios á hora de avaliar á comunidade científica e, dende entonces, converteuse nun dos índices de medición da produtividade máis importantes en todo o mundo. O factor h ou índice h calcula a posición dun investigador en función das publicacións feitas ao longo da súa carreira e da distribución das citas que recibiran os seus traballos. Nese ranking de excelencia, no que participan 2243 investigadores de toda España, non podían faltar os vigueses. No podio galego atópase Luis Liz Marzán, un experto en nanotecnoloxía da Universidade de Vigo con 17 anos de carreira, 239 artigos publicados e un factor h de 61. So o superan os investigadores da Universidade de Santiago Carlos Diéguez e Felipe F. Casanueva, cun índice de 63 e 65 pero con máis de tres décadas de traballo detrás, o dobre que Liz.
18/01/2012