Converterse en cabaleiro Jedi non é doado como tampouco o é, para unha inmensa maioría dos profesionais do sector, traballar como creativo nunha axencia de publicidade. A clave do éxito ou do fracaso do alumando dos graos en Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual parece estar na forza, ou o que é o mesmo, na súa creatividade. Así de contundentes se amosaron os creativos Rafa Fortis, da axencia Kitchen, e Javier Canle, de Leo Burnet, nunha conferencia pouco convencional na que os dous expertos apareceron caracterizados coma dous dos personaxes principais do filme A Guerra das Galaxias.
04/11/2013