“Moitos grandes innovadores coinciden en presentar a creatividade como un exercicio de unión de puntos, de contectar de elementos que parecen non ter moita relación para acabar xerando algo novo”. Deste xeito abriu o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Alberto Dafonte a mesa redonda na que profesionais de ámbitos como o deporte, a industria editorial, a gastronomía e a arquitectura debateron sobre a creatividade como unha idea transversal, como “o único camiño para facer futuro”, como resaltou o reitor, Salustiano Mato. De feito, "a creatividade no seu sentido máis amplo” foi o eixo da primeira conmemoración no campus de Pontevedra do Día Internacional da Creatividade e a Innovación, o que será o “día grande do Campus Crea”, e polo tanto, unha xornada na que “albiscar ideas útiles para fabricar ese camiño de futuro” que constitúe o proxecto de especialización do campus.
21/04/2015