Despois de moitas noites ser durmir, moreas e moreas de cuncas de café, sobrevivir a unha chea de traballos en grupo, a un cento de exames e ao temido traballo final de grao, 36 alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación son dende este venres graduados da primeira promoción de Dirección e Xestión Pública. A vicerreitora do campus de Pontevedra, Antonia Blanco, o decano da facultade, Juan Manuel Corbacho, e o coordinador do grao e vicedecano, Celso Cancela, acompañaron a un alumnado que estivo representado no acto por Estela Baleirón e Antonio Dopazo.
10/05/2013