A presenza do galego en Internet ten medrado, cualitativa e cuantitativamente, de xeito significativo nos últimos anos chegando a crear un ecosistema moi diverso do que se analizaron algunhas claves na Academia da Resaca das Letras’09. María Yáñez, integrante do equipo de A navalla suíza; Paz Orois, de O Ollo Público, Roi Barreira, da CRTVG; Anxos Fonte, filóloga e autora do blog Nubosidade variábel, e Manuel Gago, director de culturagalega.org, foron os encargados de desgranar algún destes aspectos. Despois desta reflexión, mañá á tarde, a partir das 16.00 horas, chega o momento cumio de Resaca coa celebración da gala de entrega dos premios.
12/05/2009