Como unha iniciativa consolidada tras nove edicións, o programa Delecer ofrece á comunidade universitaria a opción dunha primavera de ocio, lecer e deporte ao aire libre. Ao longo dos meses de marzo, abril e maio e por toda a xeografía galega e do norte de Portugal, estudantes, PDI e PAS poderán tomar parte nas actividades que propoñen dende o Servizo de Deportes: hípica, orientación, paracaidismo, parapente e pontismo. A novidade nesta edición é a extensión desta iniciativa aos tres campus da Universidade “por partida dobre, xa que é primeira vez que se ofrece hípica e orientación, as dúas actividades que se desenvolverán en Pontevedra e en Ourense”, segundo subliña Miguel Iglesias, técnico de Actividades Deportivas encargado de programas de promoción.
03/03/2009