Unha doazón de sangue, “que non supón a firma de ningún contrato”, pode salvar tres vidas. Por iso, as unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) percorrerán ata o mes de maio os tres campus da Universidade de Vigo buscando mellorar as cifras do primeiro cuadrimestre, no que se superaron as expectativas, o que supuxo unha pequena mellora nas cifras xerais, “que nos últimos anos baixaron moito”, segundo aseguran dende o CTG. Esta semana visitarán no campus de Ourense a Escola Universitaria de Enfermaría mañá mércores, e a Facultade de Historia e Ciencias da Educación o xoves, despois tocan Pontevedra e Vigo.
01/03/2011