“Pensamos manternos no equipo mentres a forza nos acompañe e as lesións nos respecten”. Con estas palabras resume María Lorenzo a paixón, entrega e goce das integrantes do veterano equipo de fútbol sala feminino Avelasvir. Estas doce mulleres conforman o único combinado composto exclusivamente por PDI e PAS, principalmente da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, con integrantes que se poderían considerar as precursoras deste deporte no campus. Superaron uns inicios pouco doados que, nestes casos, se complican con barreiras de xénero, prexuízos ou críticas alleas. Sen embargo, Avelasvir soubo manterse ano tras ano nas ligas, converténdose en exemplo de superación e mostrando unha clara iniciativa en pro a igualdade no deporte.
28/10/2011