Esta semana a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense tivo a visita de dous profesores da Kolegium Jagiellonskie, da cidade polaca de Torun. Adam Machowski, docente de ética e filosofía na Facultade de Pedagoxía desa universidade privada, e Grzegorz Górski, profesor de dereito internacional especializado no cambio de sistemas políticos, compartiron reunións con profesorado do campus e clases con alumnado de Ciencias da Educación.
07/02/2019