Este martes pola noite, o Teatro Jofre de Ferrol acolleu o acto de entrega das distincións ao mérito deportivo da Xunta de Galicia, presidido polo presidente Alfonso Rueda. Entre as 108 persoas e entidades que as recibiron estiveron os profesores do campus de Ourense Patricio Sánchez e María del Pino Díaz.
Cada venres desde o 23 de febreiro ao 3 de maio, o campus de Ourense acollerá a celebración dunha nova edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e fomentar o debate sobre a política e o dereito ambiental da Unión Europea.
O venres 2 de febreiro pola tarde o Campus Remoto da Universidade de Vigo acollerá a celebración dunha nova edición de Expouniversitas. Forum de Innovación e Investigación Educativa.
Coa ollada posta nas eleccións galegas do vindeiro 18 de febreiro, este luns o campus de Ourense recibiu a visita da cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, acompañada por membros desta lista e do seu partido.
O pasado mes de agosto as administracións provincial, autonómica e estatal crearon a Mesa Termal de Ourense, unha unidade de coordinación para impulsar a ampliación e a sostibilidade do sector termal na provincia.
O campus de Ourense abriu este martes as súas portas a 400 estudantes preuniversitarios procedentes de centros educativos da provincia e de Monforte de Lemos. Ao longo da mañá, rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións e titulacións.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense recibiu este xoves pola tarde a visita de arredor de 40 estudantes da Escola Profissional de Trancoso (Guarda, Portugal), acompañados de docentes dese centro.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá o sábado 3 de febreiro a celebración da Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024).
A empresa CIE-Galfor, radicada no Polígono de San Cibrao das Viñas, doou á Facultade de Ciencias do campus de Ourense dous robots KUKA TC300 para o seu uso nas prácticas do alumnado do Grao de Enxeñaría Agraria que se imparte neste centro.
Este luns faleceu José García-Calvo, Willy, coordinador dos roteiros culturais da Universidade de Vigo desde a súa posta en marcha hai 25 anos. A comunidade universitaria súmase ao pesar de familiares, amizades e cantos o coñeceron.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este xoves pola tarde un acto de homenaxe á profesora xubilada da Universidade de Vigo Purificación Mayobre.
Alma Gómez, profesora da Escola Superior de Enxeñaría Informática, é a nova coordinadora do Programa Universitario de Maiores (PUM) no campus de Ourense. A nova responsable substitúe no cargo a Alberto Vaquero.
Esta semana, do 12 ao 14 de decembro, celébrase de xeito virtual o I Congreso Ciudades de los Muchachos, no que se fai memoria de Benposta e se aborda o seu legado e os proxectos herdeiros dela.
A Xunta de Galicia anunciou este martes a acreditación do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense. A súa consecución materializarase no desenvolvemento durante tres anos dun plan de accións en docencia, investigación e transferencia dotado polo goberno galego con tres millóns para tres anos de duración.
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolle este venres a celebración das I Xornadas Filosofía+Ciencia (Ficou), destinadas a alumnado e profesorado de Bacharelato. Nelas exploraranse de xeito divulgativo cuestións fundamentais de filosofía da ciencia.