O Instituto Nacional de Ciberseguridad de España, Incibe, detecta cada ano 10.000 incidentes de seguridade nas redes e “a taxa vai en aumento, como a ciberdelincuencia, os ciberdelitos e as mafias, que xa moven máis cartos que o tráfico de drogas ou de armas”. Ignacio Caño, responsable de Innovación y Emprendimiento de Incibe, realizaba esta análise de situación esta mañá na xornada de presentación do Máster en Ciberseguridade que a partir do vindeiro curso 2018-2019 impartirán as universidades de Vigo e A Coruña.
24/05/2018