Desde este luns permanece na entrada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte unha estrutura que emula un milladoiro que, en lugar de ir incorporando pedras, vai sumando as verbas que as e os integrantes da comunidade universitaria poden colocar nel con papeis adhesivos.
Despois dunha trintena de libros de lingüística e edicións de literatura galega, o catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas presentará este xoves na libraría Librouro de Vigo a súa primeira obra de ficción, unha novela histórica titulada Ao sur da liberdade (Morgante).
Tras unha reprogramación dos títulos a proxectar, esta semana arranca en Vigo unha nova edición do Ciclo de Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e dedicado, nesta ocasión, ás mulleres directoras.
Co equipo máis amplo de toda a súa historia, a escudaría UVigo Motorsport comeza xa a traballar no deseño e fabricación do UM24, o monopraza co que competirán un ano máis na Formula Student, a competición automobilística que reta a universidades de todo o mundo a fabricar e poñer a rodar o seu propio bólido.
Como “un espazo de encontro interxeracional para recuperar as tradicións” preséntase Lar de Sopas, o proxecto gañador do programa de apoio ao emprendemento sénior TaleS na UVigo.
Un total de 17 novos titulados e tituladas do mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda presentarán o vindeiro venres 24, no recinto feiral do Pazo da Cultura, as coleccións que desenvolveron como traballos de fin de máster (TFM), nunha nova edición de Debut.
Xa está aberto o prazo para presentarse a unha nova edición das axudas Incuvi ao Emprendemento da Universidade de Vigo: 12 axudas Incuvi Emprende; catro axudas Incuvi Avanza e unha axuda Incuvi Consolida.
La forma que reconstruye: una aproximación sociológica a los espacios fílmicos de Madrid é o título do traballo de fin de grao polo que a egresada da Facultade de Comunicación Eva Blanco foi recoñecida co galardón ao mellor TFG nos II Premios FlixOlé de investigación sobre cine español.
Concienciar e aprender a identificar as diferentes manifestacións da violencia machista que poden darse en locais de ocio é o obxectivo da campaña na que traballa o alumnado da Facultade de Comunicación e do CIFP Carlos Oroza, nun proxecto impulsado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
Despois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario ao trasladarse do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés.
Reliquias é o título da nova exposición que ata o 16 de novembro pode visitarse no Abrigo, a antiga cafetaría da Facultade de Belas Artes, onde se mostran as creacións dos alumnos de doutoramento Álex Fuertes e Julio Catalán, con José Eiras como comisiario.
O proxecto Te lo cuentan las matemáticas busca achegar a utilidade social e tecnolóxica desta ciencia a máis de 800 alumnos e alumnas de trece colexios de Vigo e tres de Pontevedra.
Catro profesionais da creatividade publicitaria retornaron este luns ao centro no que se formaron, a Facultade de Comunicación, para compartir co alumnado os seus primeiros pasos no mundo laboral e a súa visón respecto do presente e o futuro do sector. Fixérono no marco das Conversas Empresa Universidade do Campus Crea.
Fundadora do coro do IES A Xunqueira I e profesora de música neste instituto, María Luisa Sánchez convértese este curso na nova directora do coro do campus de Pontevedra. Promovida pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello, trátase dunha actividade gratuíta e aberta a toda a cidadanía.
O proxecto de divulgación científica Desafíos do Océano: científicas ao mando, promovido polo Campus do Mar, foi seleccionado como exemplo dentro do catálogo La excelencia y la innovación en la divulgación científica. Selección de proyectos de la Convocatoria de Ayudas para el fomento de la cultura científica, tecnológica y de la innovación 2020 da Fundación Española para la Ciencia y la Tencología (FECYT).