Porque o consumidor debe ter garantido a orixe e a especie de peixe que merca, a FAO, Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación, reúne en Vigo, dende este martes e ata o próximo xoves, a 17 expertos no International workshop on Fish identification tools for biodiversity and fishery assessments. O encontro, organizado polo profesor da Universidade de Vigo Cástor Guisande, representante da institución académica viguesa na FAO, ten como obxectivo examinar todos os métodos de identificación de peixes que existen na actualidade, entre eles o sistema IPez deseñado polo propio Guisande, "para propoñer un novo, resultado dos xa existentes".
11/10/2011