Mentres o sexo, a raza ou a discapacidade son motivos de discriminación laboral que contan cun alto grao de concienciación social, a idade segue a ser un factor de marxinación no mercado do traballo sobre o que non existe a suficiente sensibilización, xa que a miúdo está oculta e resulta difícil de detectar. Sen embargo, son moitas as investigacións que amosan que a discriminación por idade é unha das máis comúns, ata o punto de que se un traballador ou traballadora sofre marxinación será por causa da súa idade, máis que por calquera outro motivo.
Co título La relevancia de la edad en la relación laboral y de seguridad social a editorial Aranzadi vén de publicar baixo a dirección de Jaime Cabeza, María Amparo Ballester e Marta Fernández, unha recompilación das achegas dos grupos de Dereito do Traballo e da Seguridade Social das universidades de Girona, Illes Balears e Vigo, así como de autores e autores externas aos grupos.
13/10/2009