Fiel á súa máxima de divulgar o pensamento contemporáneo en relación con temas claves da actualidade, esta semana volverá ao campus o ciclo Universium que acada xa a súa sétima edición. Baixo o título, Enerxía, Medio Ambiente e Sociedade, serán cinco días nos que a comunidade universitaria e calquera outra persoa interesada en reflexionar sobre este tema poderá facelo da man dun elenco interdisciplinar de participantes que proveñen da empresa, da administración pública, das universidades e de organizacións non gobernamentais.
A cita será do 22 ao 30 de abril na sala 1 do Edificio Miralles. “Cando pensamos en medio ambiente falamos tamén de cambio climático, que é un dos problemas principais que temos hoxe”, explica o profesor Xavier Labandeira, coordinador do ciclo, xunto ao vicerreitor, José Cidrás, catedrático de enxeñaría eléctrica.
19/04/2010