“A obra máis revolucionaria é a ben feita”. Con esta cita de Augusto Monterroso inaugurou hoxe o vicerreitor do campus, Jesús Hernández, o II Foro Hispano-Luso-Iberoamericano de Protocolo e X Curso Complementario de Comunicación e Protocolo, dirixidos polo profesor Fernando Ramos. Pola súa parte, Alfonso Cabaleiro Durán, secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, felicitou aos organizadores “pola intensidade do programa e a numerosa participación de estudantes e profesores”. Impartiu a conferencia de apertura o embaixador Manuel Côrte-Real, ex xefe de Protocolo do Estado de Portugal, quen destacou como a organización de cerimonias se debe cada vez máis á súa retransmisión por televisión.
19/05/2010