Unha trintena de artistas vinculados á Facultade de Belas Artes, alumnos, ex alumnos e tamén profesores como Berta Cáccamo, Ana Soler, Marta Riera e Loreto Blanco, doaron obras para a exposición Vicus x Haití, que se pode ver na Casa das Artes de Vigo ata o 7 de marzo e que ten un único obxectivo: recadar fondos para o programa Urxencia en Haití de Unicef. A iniciativa partiu dun grupo de artistas vigueses, entre os que se atopan Antonio Quesada, X. Magalhaes, Santiago Montes, Pedro Solveira, José Mª Barreiro, Xulio Gil, Andrés Conde e o propio comisario da mostra, Mingos Teixeira.
24/02/2010