Unha cita tradicional no calendario de actividades culturais do campus de Ourense é cada ano o seu concerto de Nadal. Nel, a comunidade universitaria celebra estas datas especiais e despide o ano compartindo boa música e uns momentos de distensión. Nesta ocasión, o grupo elixido para ofrecer o concerto é Riobó, unha nova formación composta por destacados músicos galegos que amosarán o seu virtuosismo tocando pezas do seu primeiro disco, que leva o seu nome. O concerto celebrarase o día 15 de decembro, ás 20.00 h, na sala Emilia Pardo Bazán do campus de Ourense, con entrada libre ata completar aforo.
05/12/2011