Semella que ser campión do mundo en calquera deporte supón renunciar a levar unha vida normal, sobre todo no que á dieta se refire. Este “excesivo control” foi o que Juan Antonio Corbalán, ex-xogador do Real Madrid de baloncesto e fisiólogo do exercicio, denunciou ao abeiro do VII Congreso Nacional de Deporte e Educación Física, definíndoo “como unha actitude patolóxica desaconsellable”. Afondou na importancia de ter hidratado o noso corpo a base de auga, pero tamén con outras bebidas “que resulten máis atractivas ao noso padal como é o caso da cervexa". No discurso inaugural do congreso, Víctor Arufe, profesor da Universidade de A Coruña, quixo concienciar da necesidade "de regulamentar e de dignificar a profesión do deporte, obtendo o recoñecemento que nos merecemos”.
05/05/2011