Esta semana dispútanse no campus de Pontevedra as finais das ligas universitarias de deportes colectivos, das que sairán os equipos representantes no Torneo Intercampus, que terá lugar o vindeiro 11 de febreiro. Hoxe xogáronse as finais de voleibol mixto e baloncesto masculino, nas que Os Barbitúricos e Os Sobriños do Tío Facundo, respectivamente, aseguraron a súa presenza no campionato universitario. Ata o vindeiro xoves xogaranse a súa clasificación os equipos finalistas de fútbol 7 masculino, fútbol sala masculino e balonmán masculino. Vigo terá os seus clasificados en quince días e Ourense continuará coas súas ligas ata o 9 de febreiro.
18/01/2010