Mulleres que na antiga Mesopotamia traballaban nas mesmas categorías que os homes, como a construción; cinco faraoas que gobernaron no antigo Exipto; mulleres que na antiga Roma realizaron as primeiras manifestacións contra leis lesivas para elas, e Safo, a primeira poetisa recordada da literatura da antiga Grecia. Estes foron os catro temas escollidos para abordar este luns na xornada A muller na antigüidade: perspectivas e reflexións que celebrou a Facultade de Historia do campus de Ourense.
01/10/2018