Co gallo da celebración este 25 de novembro do Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller, a Universidade de Vigo presentou este venres o informe Diagnose do acoso sexual e por razón de sexo na Universidade de Vigo, elaborado por investigadoras do Grupo de Investigación en Sexualidade, Xénero e Saúde da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. Nel faise unha radiografía, pioneira no contexto estatal, de como se vive a realidade do acoso de xénero na institución académica co obxectivo último de previr e erradicar estes comportamentos. Entre os datos obtidos está que o 30% das mulleres da comunidade universitaria consideran que é bastante ou moi probable que sufran acoso sexual.
23/11/2018