Co curso académico 2018/2019 entrando na súa recta final, comeza a oferta de opcións formativas para aproveitar o tempo libre dos meses do verán. Entre elas, a Vicerreitoría do campus de Ourense abre esta semana a preinscrición na súa programación de cursos de extensión universitaria. Nesta edición son seis as propostas dispoñibles, entre as que se inclúen novidades centradas na educación emocional, a dislexia e a lingua de signos.
14/05/2019