O pasado mes de setembro, os irmáns Noel e Diego Domínguez lograban na localidade portuguesa de Montemor-o-Velho a súa primeira medalla de prata nun Campionato do Mundo de Piragüismo, o primeiro na proba sub23 de C4 1000 metros e o segundo no C2 mixto desa mesma distancia en categoría júnior. Nese mesmo mes, ambos iniciaban tamén unha nova etapa como estudantes da Universidade de Vigo.
14/01/2022