Desde o ano 2004 a programación da Sala Alterarte, a sala de arte contemporánea do campus de Ourense, desenvólvese baixo o paraugas dun proxecto expositivo denominado Estado Crítico, que reúne a artistas e comisariado escollido baixo diferentes criterios. Cando se está a celebrar a cuarta edición de Estado Crítico, acaba de saír do prelo a publicación que recolle en detalle as mostras celebradas durante a terceira edición.
17/01/2019