Tras a aprobación da súa creación, o novo Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo (IAA), con sede no campus de Ourense, continúa a súa posta en marcha co nomeamento dunha xunta directiva, encabezada polo profesor e investigador David Fernández Calviño, un comité científico e un comité asesor externo.
09/06/2023