O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, despregaron este mércores boa sintonía na que foi a primeira visita oficial do novo responsable do organismo provincial ao campus vigués.
Xa está aberto o prazo para presentarse a unha nova edición das axudas Incuvi ao Emprendemento da Universidade de Vigo: 12 axudas Incuvi Emprende; catro axudas Incuvi Avanza e unha axuda Incuvi Consolida.
Tras unha primeira e exitosa edición en novembro de 2022, a asociación de estudantes Retórica UVigo volve organizar este ano o seu Torneo Nacional de Debate, que se celebrará en Vigo os vindeiros 24 e 25 deste mes.
O 74% das persoas graduadas na Universidade de Vigo no curso 2019/20 está traballando e a inmensa maioría faino en Galicia, na empresa privada, a tempo completo e con estabilidade laboral. Así se determina no último informe publicado polo Observatorio de Persoas Tituladas.
A Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade recibiu a visita dunha delegación da Universidade de Zagreb (Croacia) interesada en coñecer o funcionamento da Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo.
Tras aprobarse a súa creación no mes de abril, o Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero (IXEX) celebrou este luns a primeira das súas actividades programas, comezando así a súa andaina co obxectivo de consolidarse como unha plataforma de referencia para o estudo de todos os aspectos asociados con xénero, o seu tratamento ao longo da historia e os cambios que se produciron ata chegar á situación actual.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e a empresa Qualcomm Technologies, Inc. anunciaron este luns a posta en marcha dun acordo de colaboración que lle facilitará o acceso ao alumnado do centro a cursos de formación e certificación en 5G.
O vicerreitor de Planificación e Sostibilidade e a responsable da Oficina de Medio Ambiente mantiveron recentemente unha reunión coa vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia na que estudaron a elaboración dun plan de refuxios climáticos en Galicia.
O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez Tabarés, mantiveron este xoves unha xuntanza de traballo co alcalde de Vigo, Abel Caballero, na sede da Alcaldía.
Ao longo deste curso académico as actividades de divulgación científica da Universidade de Vigo espallaranse polos tres campus para implicar á cidadanía no traballo dos grupos de investigación da institución e visibilizar como as distintas liñas científicas tratan de responder ás necesidades da sociedade.
O Máster en Enxeñaría Industrial, titulación que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeira e enxeñeiro industrial, acaba de renovar o prestixioso selo internacional ABET concedido pola Accreditation Board for Engineering and Technology, organización estadounidense sen ánimo de lucro.
A Universidade de VIgo porá en marcha un programa de formación para o profesorado novel que terá unha duración de dous cursos académicos 2023-2025. Este foi un dos temas aprobados este luns na sesión ordinario do Consello de Goberno na que tamén se deu o visto bo ao límite máximo de 240 horas anuais de dedicación docente e á normativa para implantar a partir dos próximo curso os Programas Académicos con Percorridos Sucesivos no eido da enxeñaría.
O terceiro informe do Observatorio Stop Machitroles constata que a contorna virtual non é segura para as mulleres e as nenas e amosa que os ataques en liña contra elas son cada vez máis visibles e coordinados, máis sofisticados, daniños e perigosos.
A Universidade de Vigo está a participar esta semana en Brasil nunha nova edición da feira Estudar en España co obxectivo de presentar ao alumnado deste país as súas titulacións e atraer estudantes internacionais, ao tempo que se traballa para reforzar a colaboración e a presenza da UVigo neste país.
Ecobas, o centro de investigación interuniversitario en ciencias sociais, celebrou este mércores a súa reunión anual coa participación de persoal investigador das tres universidades públicas galegas, investigadoras e investigadores unidos nun proxecto común “moi positivo para o país”.