Definir as liñas prioritarias, así como os medios para acadalas, é o obxectivo do documento de política de I+D+i da Universidade de Vigo presentado polo vicerreitor de Investigación ao Claustro que o aprobou con 35 votos a favor, 42 abstencións e tres votos en contra.
Co documento exposto por Manuel Reigosa, trátase, segundo as súas propias palabras, “de ter ben definido un camiño preferente para a Universidade de Vigo, un horizonte proveitoso para nós na política de I+D+i no longo prazo”. A presenza a Universidade de Vigo no posto 15 do ranking español de publicacións, os 6,5 millóns de euros anuais por contratación, o posto 14 a nivel nacional en número de patentes solicitada, ou a creación de seis empresas de base tecnolóxica, son datos que reflicten, segundo o vicerreitor de Investigación “que a situación da I+D+i da Universidade de Vigo, en termos xerais, é aceptable”, sen embargo, sinalou Manuel Reigosa “os datos permiten apreciar algúns aspectos, sobre todo de carácter cualitativo, nos que debéramos facer esforzos de mellora no futuro”.
25/06/2008