Un acto sinxelo, pero profundamente emotivo. Así foi a graduación dos derradeiros diplomados en Relacións Laborais, unha cita na que se rendeu homenaxe á profesora, recentemente falecida, Fatima García Rodríguez, unha persoa “de enorme xenerosidade e de solidariedade irrefreable”, “apaixonada, vehemente na defensa das súas posicións, pero sempre con argumentos” como a ela se referiu o seu compañeiro e amigo, José Carlos Orge, que foi o encargado de lembrar a parte máis humana dunha muller “que deixou incrustada a súa alma no ADN desta titulación”, como subliñou o reitor, Salustiano Mato.
16/06/2011