A celebración do San Vicente’08 non deixou indiferente a ninguén no campus, os partidarios das celebracións ao estilo tradicional achegáronse ata a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, onde había unha polbeira amenizada por gaiteiros, mentres os habituais dos concertos tiveron na Praza Miralles a oportunidade de disfrutar dunha boa tarde de música. 250 bocadillos, empanadas, tortillas, pasteis... “Temos un pouco de todo. A maior parte das cousas feitas por nós mesmos na casa”, comentaba unha das organizadoras a pe de barra. “E, si se quere algo máis enxebre, aquí temos a polbeira”, engadía.
25/04/2008