Textos de María Zambrano, Suso de Toro, Lluisa Cunille ou William Shakespeare son os piares sobre os que se sustenta Residuos, a obra coa que a Aula de Teatro da Universidade de Vigo alzará ese martes 20 de abril o pano da XII Mostra de Teatro Universitario do campus de Vigo. Ao longo de seis días sucederanse no Teatro Vidal Bolaño as representacións de compañías universitarias galegas, así como de artistas chegados de O Salvador e Honduras. Así o alumnado da Universidade de Vigo, pero tamén os afeccionados ao teatro en xeral, poderán os días 20, 21, 22, , 26, 27 e 28 de abril, entrar en contacto co traballo de actores e actrices que aínda que están lonxe xeograficamente, permanecen unidos pola súa paixón polo teatro.
19/04/2010