“Queríamos darlle a oportunidade ao artista de comunicarse co público directamente, sacar a arte a rúa”, apunta Rebeca López, promotora, xunto con Andrea Domínguez e Azalea Santiago, do proxecto Palabra de Artista. Esta iniciativa, nacida como “unha reivindicación do discurso" dos creadores e creadoras, encheu a finais de decembro Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Marín das verbas de 39 artistas, convertidas nos carteis que se podían atopar en diferentes puntos. Segundo relatan as súas impulsoras, a “boa resposta” que obtivo esta iniciativa levounas a tomar a decisión de volver encher as rúas de palabras o vindeiro luns 19.
16/01/2015