A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolleu este martes unha xornada de reflexión e debate sobre os resultados electorais ao Parlamento de Galicia, da man dos expertos en materia electoral e profesores do Grao en Dirección e Xestión Pública, Álvaro X. López Mira, Enrique X. Varela e Celso Cancela. Aínda que cada un se centrou nun aspecto concreto do 21-O, os tres salientaron por un lado “a distorsión da proporcionalidade” do sistema electoral galego, e, por outro, a ruptura da igualdade de voto, o que provoca que “non todos os metidos na urna vallan o mesmo”.
23/10/2012